10/11/14

RECEITA DE MARROCOS

Falando de froitos secos, imos coñecer a súa importacia e emprego noutro país, como é Marrocos, coñecendo a vez que apreciamos deste xeito, as costumes de moitos dos nosos/as compañeiros/as.
 A gastronomía marroquí presenta unha diversidade nas súas elaboración, tanto doces como salgadas.No que se refire ás primeiras, os dátiles e a mel son dous dos ingredentes que frecuentan gran parte das súas receitas.Tamén soen empregarse azucre, figos secos, e améndoas moídas.

RECOMENDARVOS un prato doce, típico de Marrocos: a Maskina.

Ingredentes: dous vasos de fariña, un de azucre en pó, froitos secos e moídos, e un vaso de nata.  

- Elaboración: mesturar a fariña co azucre e a nata. Untar o molde con aceite. Botar a mezcla. Espallar os froitos secos. E a derradeira meter no forno ata que dore.


Que aproveite !