22/11/16

RADIO ESCOLAR SOBRE O OUTONO, AS CORES E EMOCIÓNS.

- Ola! De novo por aquí convosco!

 - Si; un curso máis. Como pasa o tempo!

 - E outro outono máis !

 - Que cores tan bonitas e cálidas! Sabedes que as cores transmiten sentimentos?

 - Pois si! Por iso este ano imos falaros do outono en Galiza e as súas....COSTUMES E EMOCIÓNS.

- É agora, cando comezamos a sentir e experimentar o que para nós é o outono, sensacións que nos traen recordos, añoranzas, pero unha época moi bonita.

-  En canto a cores; todo se tingue de tons alaranxados, amarelos, marróns, verdes escuros, ocres. As follas recentemente caídas das árbores cáense en cada recuncho da cidade, do pobo. Esas néboas e brumas, que deixan preciosas paisaxes e gotitas de humidade por todo o seu percorrido.


- Imos  comentar algúns datos sobre a Cor do Outono.

- A Cor do Outono é do tipo cor Marrón.

- En xeral, chámase marrón pardo, castiñeiro, canelo, café ou chocolate; ás cores vermellas, os amarelos alaranxados, escuros e pouco saturados, semellantes á coloración máis característica da madeira, da terra ou do pelaxe do oso pardo.

- Esta ten diferentes acepcions segundo o seu grado de luminosidade, asï poderemos facer unha gradacion aproximada de máis escuro a claro chocolate, pardo, café, castiñeiro ou canela e que derivan do produto ao que se parecen.

- Unha das formas do marron é o pardo, cuxo orixe é moi interesante. Pardo vén do latín pardus e do grego párdos, designaba orixinariamente á cor predominante do pelaxe do leopardo.

- O marrón orixínase no castiñeiro, pero é inespecífico, é dicir que xa non garda fidelidade á súa referente orixinal.

- O Outono non só evoca  sentimentos e inspírache a retomar hábitos que foron abandoados no verán, senón que ademais a cor do outono engloba unha paleta de cores cálidas que contrarestan a prolongada chegada do frío.

- Unha tarefa propia do verán en Galiza é a sega, que consiste en cortar e recoletar as herbas e os cereais maduros.

- No outono, a labranza é a operación agrícola consistente en trazar surcos máis ou menos profundos na terra cunha ferramenta de man ou cun arado.

- Entre as funcións da labranza atópanse facilitar a circulación do auga para un rego correcto, destruír as malas herbas e facer menos compacta a terra adecuándoa así para seménta agrícola.

-  Nesta época cheira a castañas asadas, á leña prendida nas chemineas de moitas casas (que gustito poder permanecer xunto a unha cheminea e sentir a súa agradable calor), a café ou chocolate recentemente feito, acompañado por un bizcoito ou torta recentemente forneada.

- E para rematar este programa, dar as grazas os/as colaboradores/as da exposición de RECEITAS DE OUTONO.

- UMM! Que ricas! Animádevos a facelas!

RADIO ESCOLAR "COSTUMES E EMOCIÓNS NA ARTE GALEGA"




















ATOPA O TEU PORTACASTAÑAS