21/11/11



TUI HONRA A FIGURA DO POETA E ACADÉMICO GALEGUISTA FAUSTINO REY ROMERO



ELEXÍA POR UN PAXARIÑO MORTO

ESA GORXA ESTÁ SEN VIDA
QUE ORQUESTOU MOITOS MENCERES.
CHORAN AS PONLAS DOS ALBRES
LEMBRANDO PESO TAN LEVE.
FÁLTALLE UN MÚSICOÁ BANDA
DO SERÁN E DO ABRENTE.
DEUS SABE POR COUSAS GRANDES
EN NATUREZAS MOI DEBLES.
¡QUE TRISTURA UN PAXARIÑO
ANTE A MORTALLA DA NEVE¡




(ESCOLMA DE POESÍAS- D. FAUSTINO REY ROMERO)






CEIP DE GUILLAREI EN COLABORACIÓN CO CONCELLO E RADIO TUI.

3/11/11

















25/10/11

VEREMOS MÁIS¡¡¡¡¡¡

E SEGUIMOS DE ARTESÁNS....



ARTESANÍA NO CEIP PLURILÍNGÜE DE GUILLAREI






- Estamos nas vísperas da celebración dun importante acontecemento histórico-cultural do noso pobo: ¡ o famosísimo Magosto!.

- VINDE COMER¡. VINDE XOGAR¡, VINDE CANTAR¡, VINDE, VINDE, VINDE¡
VINDE GOZAR CONNOSCO DESTE SENSACIONAL MAGOSTO.


- PRIMEIRO UNHA PEQUENA RESEÑA:

O MAGOSTO É:

- UNHA Festa outonal, determinada polo que semella a morte lenta da vexetación. O novo horario outonal determinaba maior xuntanza familiar ao redor do lume,propiciando un aumento de tempo para narrar contos, lendas… O magosto será unha festa de amizade e veciñanza. Tamén é unha festa de homenaxe aos froitos de recente recolleita: castañas e uvas.

AHI VAI UNHA CANTIGA¡:

A CASTAÑA NO OURIZO
QUISO RIR E REGAÑOU
CAEU DO CASTIÑEIRO EN BAIXO
MIRA QUE CHASCO LEVOU¡


AS CASTAÑAS SON CASTAÑAS,
OS OURIZOS SON OURIZOS,
OS OLLOS DA TÚA CARA
PARA MIN SON DOUS FEITIZOS¡



- E LEMBRADE NAS VOSAS CASAS QUE A PARTIR DO DÍA 25 DE OUTUBRO ATA O 3 DE NOVEMBRO DE 4 E MEDIA A 5 E MEDIA PODÉN VIR VISITAR A NOSA EXPOSICIÓN DE ARTISTAS( ALUM@S) DE GUILLAREI; QUE NOS AGASALLAN CUNHA MOSTRA SENSACIONAL DA SUA IMAXINACIÓN A TRAVÉS DUNHA ESPIGA DE MILLO QUE SE CONVERTE EN………….VINDE A VELO¡¡¡¡¡¡ É ESPETACULAR ESTA ARTESANÍA CASEIRA, XUNTO CON ELEMENTOS DA NATUREZA PROPIOS DESTE TEMPO. ESPERAMOS QUE OS GOSTE¡

6/6/11

XABIER DÍAZ; UNHA MAÑÁ C@S NEN@S DO CEIP DE GUILLAREI.









Xabier Díaz (A Coruña, 1969).

Músico e compositor, compaxina ambas facetas profesionais coa súa longa laboura como investigador e compilador do noso folclore tradicional.

Foi membro fundador do grupo Rumbadeira co que editou tres traballos: ''Para cantar como eu canto'' (1995), ''Rumbadeira'' (1997) e ''No faiado dos soños'' (1999). Na súa faceta docente foi mestre (1993-1999) e director (1996-1999) da escola de Música e Baile Tradicional do Concello de Ames.

Ao longo da súa carreira son destacábeis múltiples colaboracións en concertos e traballos discográficos con diversos artistas e formacións como Luar Na Lubre, Amancio Prada, Os Cempés, Marful, Nordestinas ou Fuxan os Ventos.

En 2003 participa no espectáculo Cantos Na Maré (2003) xunto con Uxía Senlle, Manecas Costa, Chico Cesar e Filipa Pais entre outros. Un ano despois, desta volta co guitarrista Guillerme Fernández, edita o disco “Músicas de Salitre“ traballo que os levará a ser finalistas nos Premios da Academia da Música no 2005, acadando ademais o 3º posto na edición dos galardóns La Opinión do mesmo ano.

É cantante titular da compañía Nova Galega de Danza coa que ten realizado os espectáculos Alento (2005) e Engado (2006).

Dentro da súa carreira musical en solitario, gravou o seu segundo traballo “Coplas Para Icía“ (2007), no que rescata músicas do pobo tomadas do seu propio arquivo, compilación froito do extenso traballo de campo que el mesmo leva a cabo entre
os anos 1990 e 2000. Nestas “Coplas para Icía“ ten como
compañeiros de viaxe a Pedro Lamas e Suso Iglesias .

Actualmente é cantante do grupo Berrogüetto, ademais de dirixir e copresentar o espazo radiofónico “Tres Peixes Voando“, da Radio Galega Música, xunto con Guillerme Fernández.