30/5/11

XOGAMOS NO PATIO DO COLEXIO






xogos populares

XORNADAS DE XOGOS POPULARES GALEGOS
Os días 18, 19 e 20 de maio co gallo das Letras Galegas, organizamos no colexio entre outras actividades, as xornadas dos xogos tradicionais e populares galegos.
Neses días preparamos nos terreos o redor do colexio, un circuito con nove xogos diferentes nos que participaron tódolos alumnos e alumnas de primaria, distribuídos de seguinte xeito:
Patio traseiro cuberto:
Xogo 1: Carreira de chapas
Xogo 2: A raia
Xogo 3: As buxainas
Xogo 4: A rá
Patio traseiro descuberto:
Xogo 5: A soga-tira
Zona dos bambans:
Xogo 6: A chave
Zona dianteira:
Xogo 7: Os bolos celtas
Xogo 8: A petanca
Zona lateral do canastro:
Xogo 9: Carreira de zancos.
Xornada 1: mércores 18 de maio. Horario: 11:25 – 12:25.
Participaron os nenos e nenas do primeiro ciclo, divididos en nove grupos cada nivel, de xeito que o grupo 1 do primeiro nivel enfrontouse co grupo1 do segundo e así sucesivamente. Todos os nenos e nenas ían rotando os xogos, comezando no numero do seu grupo ata pasar por todas as estacións.
Xornada 2: xoves 19 de maio. Horario: 11:25-12:25
Participaron os alumnos e alumnas do terceiro ciclo, dado que no segundo 4º de primaria estaban coa avaliación psicopedagóxica e dado o seu número dividívolos en cinco parellas o 1º nivel e 7 parellas o segundo, enfrontándose entre si do mesmo xeito que o primeiro ciclo.
Xornada 3: venres 20 de maio. Horario: 11:25-12:25
Participaron os nenos e nenas do segundo xeito distribuidos cada nivel en nove grupos de igual xeito que os anteriores.

A avaliación destas xornadas é moi positiva xa que o alumnado divertiuse moito e nas seguintes datas seguiron a practicar algúns dos xogos no intre do recreo.

27/5/11

LOIS PEREIRO


Lois Ángel Sánchez Pereiro, máis coñecido por Lois
Pereiro, naceu en Monforte de Lemos (Lugo), o 16
de febreiro de 1958 e morreu na Coruña, en 1996.
Despois de facer os estudos elementais en Monforte
marchou, con dezasete anos, a Madrid a estudar
na súa universidade a carreira de Socioloxía, aínda
que, sen que rematase o primeiro trimestre, voltou
de novo a Monforte, onde traballou na cristalería
paterna colocando vidros polas obras.
Ao ano seguinte regresou a Madrid para estudar na
Escola Oficial de Idiomas, francés, inglés e alemán.
Durante este tempo participa na elaboración da revista
Loia, xunto co seu irmán Xosé Manuel, Manolo
Rivas, Antón Patiño e outros galegos afincados
na capital. Desta revista só se editaron catro números
e todos eles realizados con fotocopias.
No ano 1981, xa con graves problemas de saúde,
regresa definitivamente a Galicia, onde colabora
en varias antoloxías poéticas De amor e desamor
(1984 e 1985) e tamén na revista Luzes
de Galiza, onde publicará oito capítulos dunha
novela que deixará sen rematar: Náufragos do
paradiso.
Publicou varios libros de poemas: Poemas e
Poesía última de amor e enfermidade.
No seu libro póstumo Poemas para unha loia,
recóllense versos escritos durante a súa estadía
madrileña.

20/5/11

TEATRO. SEMANA LETRAS GALEGAS






“BARULLO DE CANS, GATOS E RATOS”
Por que os cans van sempre detrás dos gatos?
Por que os gatos van sempre detrás dos ratos?
Nesta obra teatral imos aclarar as dúbidas sobre este asunto.

RESUMO:
“A raíña dos animais concede aos cans todos os dereitos, quedando recollidos por escrito nun documento moi importante. Unha cadela gárdao, pero queda durmida e dúas gatas ladroas quedan con el. Despois dous ratos tamén o rouban e para non ter problemas deciden comelo.
Ao final móntase un gran barullo entre os animais.”