10/11/14

EXPOSICIÓN DOS PORTACASTAÑAS














RECEITA DE MARROCOS

Falando de froitos secos, imos coñecer a súa importacia e emprego noutro país, como é Marrocos, coñecendo a vez que apreciamos deste xeito, as costumes de moitos dos nosos/as compañeiros/as.
 A gastronomía marroquí presenta unha diversidade nas súas elaboración, tanto doces como salgadas.No que se refire ás primeiras, os dátiles e a mel son dous dos ingredentes que frecuentan gran parte das súas receitas.Tamén soen empregarse azucre, figos secos, e améndoas moídas.

RECOMENDARVOS un prato doce, típico de Marrocos: a Maskina.

Ingredentes: dous vasos de fariña, un de azucre en pó, froitos secos e moídos, e un vaso de nata.  

- Elaboración: mesturar a fariña co azucre e a nata. Untar o molde con aceite. Botar a mezcla. Espallar os froitos secos. E a derradeira meter no forno ata que dore.


Que aproveite !





GAÑADORES DOS CONTOS DE MEDO




RADIO ESCOLAR-MAGOSTO E SAMAÍN

- Benvidos un ano máis ao noso programa radiofónico dende o colexio de Guillarei.

- Nestas datas imos informaros da importancia de dúas festas galegas, dos seus principais elementos , orixe, simbolismo e como non celebracións.


- Éstas son o Magosto e o Samaín. Imos empezar !













  • A castaña é un dos alimentos máis antigos da humanidade; dende o Paleolítico o home aproveitou e alimentouse de castañas e landras.
  • Ata hai poucos anos era o alimento base da poboación europea en forma de froito fresco, seco, e moída en forma de fariña.
  • No século XVI, chegaron dende América, patacas e millo, e pouco a pouco perderon protagonismo na dieta campesiña, sobre todo debido a enfermidade pola que foron atacados os castiñeiros, chamada
    "a tinta".
  • O castiñeiro é unha árbore nobre, non só produce castañas, senón tamén nos da sombra en verán e leña no inverno.
  • En simbiose produce uns marabillosos cogumelos, embeleza a paisaxe e protexe e mellora o ecosistema humano.
  • A castaña proporciona uns beneficios considerables, tanto pola súa exportación, como polo número de quilos que van ao mercado directamente ou por medio de productos derivados, especialmente das castañas confitadas.
  • Prodúcense en outono, xusto no momento de probar o viño novo, de setembro.
  • "Polo san Martiño faise o Magosto con castañas asadas e viño".
  • A palabra Magosto procede do latín "magus ustus", que quere dicir algo así como gran fogueira.
  • É unha festa que xa se celebraba na Prehistoria. Ten un carácter alegre e de dar grazas polos froitos recollidos. Tamén trata de simbolizar a morte do ciclo solar anual.









  • Tócalle ó Samaín !
  • Atendede! Que medo! Uuuuuuhhhhhhh!
  • A noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta.

  • Nesta noite as ánimas dos finados voltan visitar as súas familias e as súas vellas casas para quentarense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo téñenlles preparados os parentes.

-O cristianismo, adoptando o ano novo dos celtas e a súa festa á honra dos mortos, designaría o primeiro de novembro como día de Todos os Santos, e no século XII, ao día seguinte como día de Defuntos.

  • Os celtas foron uns antigos habitantes de Galicia, que tiñán un gran respecto polos mortos.

  • Unha das súas costumes era poñer unha luz acesa dentro das caveiras dos inimigos mortos, para que, ao escentilar pola noite, puxera medo no corazón da xente.
  • Xa hai moitos séculos que tal costume perdeuse, máis hoxe en día aínda fica a tradición de tallar unha caveira na cortiza dos melóns e poñer no seu interior unha candea que escentile pola noite.



1/11/14

SAUDOS

BENVIDOS A NOSA CALUSTRA NESTE CURSO 2014-15. SEGUIREMOS TRABALLANDO COMA TODOS OS CURSOS PARA A MELLORA DO EMPREGO EN GALEGO TANTO NA LINGUA ORAL COMA NA ESCRITA.
E COMO NON PARA QUE @S NOS@S ALUMN@S DISFRUTEN NESTA APRENDIZAXE E VEXAN TODO O QUE CONSIGUEN A TRAVÉS DO SEU ESFORZO E COLABORACIÓN NO TRABALLO ESCOLAR.

1/6/14

PARTICIPAMOS CO CONCELLO DE TUI

DÍA DAS
LETRAS GALEGAS.

- Ola! Volvemos outro ano máis para celebrar o día das Letras Galegas.
    -Éstas se conmemoran o 17 de maio, e sempre lembran a algún autor ou autora galego/a.
    -Este ano imos coñecer a vida e obra de Xosé María Díaz Castro.
    -Poeta e tradutor natural da parroquia dos Vilares (Guitiriz), onde naceu no seo dunha familia labrega en febreiro de 1914.
    -Na década dos corenta gañou o primeiro premio de Poesía galega nos "Juegos Florales de Betanzos" de 1946 cun "tríptico á groria da betanceira".

    -Escribiu a obra Nimbos, un poemario que veu a lume en Galaxia a mediados de 1961 e que consagraría a Díaz Castro como un autor poético singular no contexto da literatura galega de posguerra, que abaneada entre o lirismo intimista de autores xa consolidados como Novoneyra , Luís Seoane e Celso Emilio .

-Nimbos representa "un dos cumes da poesía galega posterior á guerra civil".
-Dentro desta obra, cómpre salientar o poema "Penélope", pola súa condensada e radical descrición de Galicia como unha tea que se está a facer e desfacer de modo constante.

    -A Real Academia Galega, acordou escoller a Díaz Castro como figura á que se lle dedica o Día das Letras Galegas de 2014, ano que coincide co primeiro centenario do seu nacemento
    -E dende esta Radio Escolar..... quixemos recordalo tamén.
    -Despedímonos esperando que os haxa gustado ¡¡¡ Ata a próxima retransmisión, dende o Colexio de Guillarei !!!!

TEATRO EN GALEGO-OS FILLOS DE LUA