1/6/14

PARTICIPAMOS CO CONCELLO DE TUI

DÍA DAS
LETRAS GALEGAS.

- Ola! Volvemos outro ano máis para celebrar o día das Letras Galegas.
    -Éstas se conmemoran o 17 de maio, e sempre lembran a algún autor ou autora galego/a.
    -Este ano imos coñecer a vida e obra de Xosé María Díaz Castro.
    -Poeta e tradutor natural da parroquia dos Vilares (Guitiriz), onde naceu no seo dunha familia labrega en febreiro de 1914.
    -Na década dos corenta gañou o primeiro premio de Poesía galega nos "Juegos Florales de Betanzos" de 1946 cun "tríptico á groria da betanceira".

    -Escribiu a obra Nimbos, un poemario que veu a lume en Galaxia a mediados de 1961 e que consagraría a Díaz Castro como un autor poético singular no contexto da literatura galega de posguerra, que abaneada entre o lirismo intimista de autores xa consolidados como Novoneyra , Luís Seoane e Celso Emilio .

-Nimbos representa "un dos cumes da poesía galega posterior á guerra civil".
-Dentro desta obra, cómpre salientar o poema "Penélope", pola súa condensada e radical descrición de Galicia como unha tea que se está a facer e desfacer de modo constante.

    -A Real Academia Galega, acordou escoller a Díaz Castro como figura á que se lle dedica o Día das Letras Galegas de 2014, ano que coincide co primeiro centenario do seu nacemento
    -E dende esta Radio Escolar..... quixemos recordalo tamén.
    -Despedímonos esperando que os haxa gustado ¡¡¡ Ata a próxima retransmisión, dende o Colexio de Guillarei !!!!

TEATRO EN GALEGO-OS FILLOS DE LUA






















RADIO ESCOLAR:LETRAS GALEGAS 2014
















E entrega dos agasallos do concurso " Mergúllate nos libros".