29/3/14

HORTA ESCOLAR

  •  Mantemos as plantas do curso pasado e sementaremos outras, segundo a tempada. Colaboran non só os alumnos, tamén as familias, xa que traen abono da casa así coma sementes; ademais, cando chega o momento da recolleita, os rapaces levan os productos apañados para degustar na casa.

       Comenzamos coa nosa horta na escola. Debido ao mal tempo que tivemos            ata agora inda temos que arranxar o terreo para seguir co noso proxecto.pero        xa está en marcha como podedes ver.

NO RECREO TAMÉN FALAMOS GALEGO












No recreo tamén falamos galego, premiarase o emprego do galego no momento do recreo cun selo na man aos nenos que empreguen a nosa lingua.

4/3/14

CARTEL-LEMA: ANIMACIÓN AO EMPREGO DO GALEGO.

  • O Ceip de Guillarei, quere contribuir, entre outras cousas, á diversidade cultural, fixemos unha actividade con carteis animando ó emprego da nosa lingua, e a compartila con todos/as.
  • Para poder compartila, escollemos un cartel gañador, do que farase un marcapáxinas para todos/as os/as alumnos/as e mestres/as do colexio.
  • Atentos¡, o cartel gañador é o de 3º curso¡
  • Un aplauso, por favor¡ E moitas grazas por escoitarnos¡






RADIO ESCOLAR-DÍA DA PAZ

  • Ainda que non somos adultos, sabemos que hai xente que está moi triste e agobiada porque no entorno familiar existe violencia, porque no seu barrio hai peleas, porque no seu país hai guerras.
  • Nós, os alumnos e alumnas deste colexio, preguntámonos, quenes foron os que inventaron as guerras.
  • E ós homes e mulleres que as inventaron e promoveron queremoslles manifestar a nosa repulsa e a nosa dor.
  • Porque as guerras só causan odio, división, bágoas, tristura, e a morte de moitas persoas, tamén de nenos e nenas coma nós.
  • E como podemos intentar todo isto?
  • Pois os nenos e nenas de sexto ocurríusenos unha forma moi divertida.
  • A que non o imaxinades?
  • Pois aquí van unhas pistas de como podemos evitar a violencia, aprendendo da lectura, si, oichedes ben; A LECTURA¡
  • Aprendendo dos contos: O Parrulo Feo, Cinsenta, A Bela e a Besta, O soldado de chumbo...