28/12/09

O APALPADOR


Moito antes de que a sociedade de consumo importase dos países nórdicos a Papá Noel, en Galiza xa habitaba a figura mítica do Apalpador. O Apalpador é un home de barba rubia, un vello xigante, que vive nas devesas das altas montañas facendo carbón para escorrentar o frío do inverno. Na noite do 24 de decembro baixa ata as aldeas, métese polas chemineas nas casas e achégase aos nenos e ás nenas que dormen ao remol das mantas e apálpalles as barrigas para ver se os cativos están ben alimentados. Dálles un bico na meixela e déixalles unha presa de castañas para que non pasen fame. O Apalpador é moi lambeteiro e se os nenos lle deixan un calcetín ou uns zapatos con algo doce para axudarlle a andar toda a noite visitando todas as casas de todos os nenos galegos, el entrégalles os agasallos de madeira, tea e cartón que fixo coas súas mans no tempo de lecer do resto do ano. Ao Apalpador gústanlle máis os xoguetes feitos á man con materiais naturais como a madeira ou o barro, cheos de cariño e respectuosos co medio ambiente, que aqueles de plástico, automáticos e con pilas que gastan moita enerxía e empobrecen os nenos e nenas doutas partes do planeta.

MARCHA MUNDIAL POLA PAZ








O TRES DE NOVEMBRO PREPARAMOS UNHA MARCHA DENDE O CENTRO ATA O ALFONSO I PARA RECIBIR A ORGANIZACIÓN QUE ESTÁ A PERCORRER O MUNDO POLA PAZ. LEVAMOS DUAS PANCARTAS, UNHA INICIANDO A MARCHA E OUTRA PECHÁNDOA. TODOS OS NENOS E NENAS LEVABAN O SEU BANDERÍN E CANTABAN O QUE ANTES ENSAIARON NO COLEXIO, LEVANDO TAMÉN A MÚSICA CON ELES.ESPERAMOS QUE TODO O ESFORZO FEITO NON SÓ SE QUEDE EN GUILLAREI, SENÓN QUE A ORGANIZACIÓN POLA PAZ MUNDIAL NOS RECORDE EN TODO O SEU PERCORRIDO E LEVE A NOSA MENSAXE DE PAZ AS DEMAIS PERSOAS. TODO O CLAUSTRO DE PROFESORES COLABOROU CON INTERESE NA PREPARACIÓN DESE DÍA, E OS NENOS E NENAS DEDICARON HORAS PARA CONSEGUIR O TRABALLO DESEXADO. TEMOS QUE TER EN CONTA TODA A SUA ILUSIÓN E ESFORZO.

25/12/09

BO NADAL


O CLAUSTRO DO CEIP DE GUILLAREI DESÉXAVOS QUE PASEDES UNHAS FELICES FESTAS NA COMPAÑA DOS VOSOS SERES MÁIS QUERIDOS.