13/2/12

A CESTERÍA










Son moitos os oficios tradicionais da nosa terra galega. Foron cambiando moito co avance da modernidade e a maior parte deles caeron en desuso. Un deles é a arte da cestería

A arte da cestería é anterior á cultura dos castros. A súa influencia pódese percibir, segundo algúns arqueólogos, na decoración trenzada das olas castrexas, nas alfaias prehistóricas e nos sinais de barro que cubrían as paredes das casas nas citanias.

Os cestos facíanse tanto na vila como no medio rural, e a materia prima era a madeira de castiñeiro, carballo, colmo (palla de centeo) e tamén vimbio.

Coma na maioría dos oficios tradicionais, a de cesteiro é unha profesión que pasaba de pais a fillos. Os cesteiros tiñan rutas comerciais, sendo os principais demandantes deles os campesiños, xa que os empregaban para a vendima e para gardar o millo,

A tipoloxía dos cestos en Galicia é enorme, xa que responde aos costumes de cada bisbarra concreta. Cada cesto ten unha utilidade e denominación (chegáronse a recoller máis de 60).

Co paso do tempo, os cesteiros sufriron o que todos os oficios artesanais, é dicir, unha constante diminución das súas vendas, pois os seus cestos non podían competir cos manufacturados industrialmente que eran máis baratos e a súa dispoñibilidade era inmediata, ó non ter que esperar a que o cesteiro os elaborara.

Os cesteiros tiñan unha "lingua propia”, para entenderse entre eles, que se conservou na zona de Mondariz (Pontevedra).

Gran parte dos últimos cesteiros que exercían faleceron, e os que aínda viven abandonaron a profesión, unha profesión á que numerosos escritores galegos dedicaron mencións, artigos e, nalgúns casos, libros enteiros.

Aínda hoxe en día, cando os costumes cambiaron vertixinosamente, é difícil atopar unha parroquia de Galicia onde non se sigan a facer cestos, por gusto ou para uso persoal; xa non como medio de vida.

@S ALUMNOS DO CEIP DE GUILLAREI CELEBRAMOS A PAZ












IMOS FACER UNHA PEQUENA REPRESENTACIÓN DO CONTO “ O CONSELLO DE FACUNDO”, ONDE ESTES ANIMAIS ENSINANNOS , QUE TODOS GAÑAMOS MÁIS COMPARTINDO E QUE PELEXANDO O PERDEMOS TODO.

O CONSELLO DE FACUNDO



NARRADOR-1: UNHA NOITE NA LAGOA,
UN MONO, SEN HORA,
FOI A REFRESCARSE UNHA PATA
E ATOPOU UN PASTEL DE NATA.


MONO: -VOU COMELO ENTEIRO,
PARA ISO O VIN PRIMEIRO.


NARRADOR-2: DIXO O MONO NUN ARBUSTO,NARRADOR-1: E BAIXO A LÚA CHEA,
AXITANDO A SÚA MELENA,
DIXO AIRADO O REI LEÓN,
ENFADÁNDOSE UN MONTÓN.


LEÓN: -EIH, DISO NADA, MONADA.
ESTA TARTA MERENGADA
É MIÑA SEGUNDO A LEI;
¿ NON VES QUE EU SON O REI?


NARRADOR-2: A HIPOPÓTAMA FRASQUILLA
GRITOU DENDE A ORILLA:


HIPOPÓTAMA: -AINDA QUE SEXAS MONARCA,
EU SON A RAIÑA DESTA CHARCA.
O PASTEL PERTÉNCEME CARIÑO,
¿NON TE PARECE?.





NARRADOR-1: E UN HIPOPÓTAMO ENORME
LLE CONTESTOU: “ ESTOU CONFORME”.

NARRADOR-2: CHEGOU NESE MESMO INTRE
CASIMIRO O ELEFANTE.ELEFANTE: -¿ TENDRÁ DENTRO TRUFA OU MOCA?.
SE ME FAI AUGA A BOCA.

SEGURO QUE ESTÁ DE MORTE,
E COMO SOI O MÁIS FORTE
E TODOS ME TEÑEN MEDO,
EU ESTA TARTA MA QUEDO.


NARRADOR-1: A RABAZOS, A ZAMPAZOS,
CABEZAZOS E TROMPAZOS,
QUIXERON CON FORZA BRUTA,
REMATAR COA DISPUTA.


NARRADOR-2: FACUNDO O RINOCERONTE
BAIXOU TROTANDO DO MONTE
A POR FIN DUNHA VEZ
A TAMAÑA INSENSATEZ.


RINOCERONTE: - ¿ PARÉCEVOS BEN, CEPORROS
ARRANXAR ISTO A MAMPORROS?
SER SALVAXES E VIOLENTOS
SÓ CAUSA SUFRIMENTOS.

¡VAÍA CATRO MAXADEIROS!
ESTÁIS QUE DA PENA VEROS:
DESGREÑADOS, MAGULLADOS
E CON OS OLLOS MORADOS.



RELAMÉNDOSE DE GUSTO.
NARRADOR-1: E MENTRAS TANTO O PASTEL
SE LLO LEVOU O SOL CON ÉL.
A LUZ DO MENCER
O FIXO DESAPARECER.




NARRADOR-2: OS CATRO, FEITOS UN LÍO,
VIRON O LAGO VACIO:
O PASTEL TAN DESEXADO
NON ESTABA POR NINGÚN LADO.


FACUNDO: - NON TEÑADES PENA NINGUNHA
QUE VOLVERÁ COA LÚA.
POÑEDE TODOS ATENCIÓN,
¡ XA TEÑO A SOLUCIÓN! :

¡REPARTIDE!, O DIGO EU DON FACUNDO
QUE HABERÁ PARA TODO O MUNDO.
POIS COMPARTINDO, ADEMÁIS,
DISFRÚTASE MOITO MÁIS.



NARRADOR-1: CON GRAN FESTA E ALBOROZO
COMEN CADA NOITE UN TROZO.
O PASTEL TAN SINGULAR
DURA MEDIO MES LUAR.


NARRADOR-2: PERO XA NON SINTEN PENA,
POIS CANDO HAXA LÚA CHEA
NA LAGOA DE PRATA,
HABERÁ OUTRO PASTEL DE NATA.