24/11/09

MAGOSTO 2009




OLA COMPAÑEIROS! ESTAMOS NO PRIMER PROGRAMA RADIOFÓNICO DESTE CURSO
2009-10.

ESTE ANO COMO OUTROS TANTOS MÁIS IMOS CELEBRAR UNHA FESTA MOI TÍPICA DA NOSA TERRA.
PERO COMO TODAS AS TRADICIÓNS TEN A SUA HISTORIA; IMOS RECORDAR UN POUQUIÑO DELA PARA COÑECER MELLOR O SIGNIFICADO DESTA FESTA:



É un dos alimentos mais antigos da Humanidade. Dende o Paleolítico o home aproveitou e alimentouse de castañas e landras.
O castiñeiro foi a árbore do pan das nosas tribos antes da chegada dos romanos, comíanas asadas, ou facían fariña das castañas secas ou "pilongas", para alimentarse durante todo o ano.
Ate fai poucos anos, eran alimento base da poboación europea en forma de fruto fresco, seco, sen as súas peles, ou moída en fariña. No século XVI, viñeron as patacas e o millo de América, estableceuse a competencia e perderon pouco a pouco protagonismo na dieta campesiña.

O castiñeiro é unha árbore nobre e non só produce castañas. Danos unha magnífica sombra en verán e leña en inverno. Embelece a paisaxe, protexe e mellora o ecosistema humano.

O magosto
Deséxase unha tarde soleada, os grupos pónense de acordo para coñecer ó que aportará cadaquén fundamentalmente castañas e viño novo (aínda que nalgúns lugares complétano con: chourizos, churrasco,...).
O Magosto tradicional enténdese como unha merenda-cea no mes de novembro nos días próximos ó día de defuntos ou polo San Martiño.
Despois de xantar, iníciase a andaina camiño do monte, atopándose con otras familias ou grupos de amigos, búscase o lugar axeitado; todos van cantando e disfrutando do día de outono. Búscase pica, fentos secos, piñas ou palla para prende-lo lume.Picaremos as castañas para que despois non rebenten no lume.
Cando o lume se apague por sí só, amorearemos as brasas, poñeremos unha parrilla e nela unha lata con buratos na que iremos colocando as castañas xa picadas. Darémolle voltas cun pau longo de madeira ata que estén no seu punto, ben asadas.Mentras esto se vai facendo , os demáis participantes preparan o sitio onde comelas e fan cucuruchos con papel.
A festa non sería tal sen contar con xogos populares, bailar, contar contos, cantar,...É común tiznarse a cara uns ós outros cos restos da fogata e saltala para que dea boa sorte.