23/12/10

FELICES FESTAS


O Claustro de profesores do CEIP de Guillarei deséxalles

que pasen unhas Felices Festas en compaña dos seus;

co desexo de que o Ano Novo

veña cargado de Paz e Ledicia para todos.

22/11/10


E AQUI TEMOS OUTRO DEBUXO MÁIS DO MAGOSTO;OS GUSTA EHHH!!!

16/11/10

OS NENOS/AS FAN O MAGOSTO




COMO O PASAMOS TAN BEN NO MAGOSTO DESTE ANO, FIXEMOS UNS DEBUXOS PARA QUE NON SE NOS OLVIDE ESTA FESTA TRADICIONAL TAN BONITA E NA QUE RECORDAMOS A IMPORTANCIA DA CASTAÑA NA NOSA TERRA E AS XUNTANZAS PARA FESTEXALA.

31/10/10

TEMPO DE SAMAÍN


O 31 de outubro celébrase o Samaín. Noite de bruxas, sapos e díaños.Nesta noite, din que se aproximan dous mundos, o mundo dos vivos e o mundo dos mortos.

Pero, que é o Samaín?.
A noite do 31 de outubro, celebrábase o aninovo celta, o paso do outono ao inverno. Os druídas, a súa casta sacerdotal, cocían baias nos caldeiros e facían pocimas máxicas e curativas.

Nos días previos todas as familias facían sacrificios de animais, unha especie de matanza, non só,como un acto relixioso, senón tamén para aprovisionarse cara ao duro inverno.

Iluminaban as súas casas para que as ánimas dos seus antepasados non se perderán na escuridade da noite e puidesen chegar ao seu fogar.

A historia da caveira:

Nun pobo irlandés vivía un monxe chamado Jack. Era un home alto, fraco, e coñecido polas súas maldades.Conscente da súa condición mortal , fixo un pacto co demo.Cando chegara a súa derradeira hora, non iría ao inferno.Cando morreu, non conseguiu entrar no ceo e reclamoulle ao demo. Este nada puido facer, só lle deu un nabo oco, cheo de carbón, para se iluminar mentras a súa ánima encontraba un lugar para o seu descanso.Dende este momento pasou a ser coñecido como Jack o da lanterna.

Cando os colonos irlandeses chegaron a América, levaron consigo as súas tradicións, entre elas, a historia de Jack o da lanterna. Ao chegar coñeceron a cabaza, e pouco a pouco substituiron o nabo por unha cabaza, que cortaban, baleiraban, decoraban en forma de monstro e puñianlle dentro velas para espantar a ánima de Jack que por sempre segue a buscar un fogar onde facer reposar a súa ánima

29/10/10

RADIO ESCOLAR. MAGOSTO







O MAGOSTO
-- Moi boas a todos, “profes” e compañeiros.
-- Aquí estamos, un ano máis, os da radio, para empezar os nosos contactos radiofónicos, que cadran
sempre con algunha festa do colexio.
-- E como dentro de tres días se vai celebrar unha, non podiamos faltar.
-- ¿Que ? ¿Xa adiviñastes de que festa se trata?
-- Pois claro, ¡DO MAGOSTO! A primeira troula do curso. ¡Que ben o imos pasar!
-- Efectivamente. O venres próximo iremos ao campo da feira para asar as castañas, xogar e logo... ¡¡¡a comer!!! E, á final, se nos deixan, enfeluxarnos uns aos outros, que é o que máis nos gusta.
-- Pero, ¿sabedes de onde vén esta festa?
-- Non pensedes que é un invento de agora. Celébrase desde hai moitos, moitos séculos.
-- Veredes. Antes do descubrimento de América, no 1492, aquí non se coñecían as patacas; pero
a xente, que era moi pobre, tiña que encher o bandullo cun alimento nutritivo e que custase pouco.
-- ¿E cal sería este alimento? ¿Non sabedes? ¡¡¡A CASTAÑA!!! Comíanse castañas co caldo, co porco, co leite, ben, con todo. Non podía faltar na mesa, todos os días, unha boa ración de castañas.
-- Non había problema para apañalas porque, nesta época, Galicia estaba chea de soutos, é dicir, bosques de castiñeiros. Agora xa quedan moi poucos.
-- E cando acababa a colleita, poñíanas a secar para poder ter castañas o resto do ano e así non pasar fame.
-- Por iso, a xente, agradecida, facía unha festa por esta época en que abren os ourizos, asando castañas en grandes fogueiras, nas que participaban todos os veciños.
-- Logo as comían acompañadas do viño novo. Cada un traía unha proba das súas pipas, para que todos probasen e deran a súa opinión.
-- Os mozos bailaban arredor da cacharela e aproveitaban para divertirse un pouco. Pensade que nesta época no había discotecas, nin televisión. Había que pasalo ben dalgunha maneira.
-- Tamén contaban contos arredor do lume e dicían adiviñas, coma estas:
-- A cor do ouro teño
Por unha risada perdín canto teño.
-- ¿Que é...? A castaña, claro.
-- Ou esta: Outo, outo cabaleiro
dálle a risa e cáelle o diñeiro.
-- Nós, seguindo a tradición, facemos esta festa en honra da castaña que tanta fame lle quitou aos nosos antepasados.
-- Así que:

Aquí temos O Magosto
Que viva a festa rachada
Os meniños desta escola
Farán pronto a castañada.

-- Esperamos pasalo moi ben.
-- Así que... co outono chegan as castañas, pero non esquezas o Samaín.
-- Tes razón: a famosa festa dos pobos celtas, que significa a fin do verán e o principio do inverno.
-- Celebrábano con grandes festas, sobre todo a noite do 31 de outubro ao primeiro de novembro.
-- Os celtas pensaban que, xusto esa noite, a porta doutro mundo se abría e as ánimas viñan visitar o mundo dos vivos. De aquí vén a nosa celebración do Día de defuntos, o 2 de novembro.
-- Para afastar os malos espíritos, estes pobos celtas colgaban as caveiras dos inimigos iluminadas en sitios visibles.
-- A nosa tradición de facer monecos coas cabazas é un recordo deste costume celta.
-- E agora os nenos de 5º van cantar unha copla do Magosto. E con isto acabamos. Moitas grazas, e ata o próximo programa.

27/5/10

TEATRO "TODO É UN CONTO"



LETRAS GALEGAS 2010

No último programa de radio adicado a Uxío Novoneyra (autor homenaxeado este ano) realizado na semana das Letras Galegas, déronse a coñecer os gañadores de cada aula do concurso de animación á lectura MERGÚLLATE NOS LIBROS realizado no noso centro.
Tamén durante os días 19, 20 e 21 de maio fixéronse diferentes xogos tradicionais durante o recreo nos que participou o alumnado.

GAÑADORES
1º SALMA
2º ADRIANA
3º JOANA
4º SARA
5º ESTELA
6º PILAR

13/5/10

Biblioteca



Animación Biblioteca


Hoxe tivemos outra das animacións de Biblioteca.Contamos coa presenza e ensinanzas do ilustrador Abraham Carreiro. Organizáronse dúas sesións unha para os rapaces e rapazas de 6º,5º,4º e 3º curso de E.primaria e outra para as nenas e nenos de 2º e 1º de E.primaria e toda E. Infantil.Aquí mostramos algunhas fotos do seu traballo no Centro.

10/5/10

Biblioteca






Biblioteca
Este ano na nosa biblioteca escolar decidimos adicar o Día do Libro ao tema proposto no Salón do Libro.A Cidade
Os rapaces do CEIP.de Guillarei recrearon a cidade en banda deseñada,como podemos observar na exposición que temos na biblioteca do Centro,e reproducida nas fotos que mostramos a continuación.

23/3/10

RADIO ESCOLAR











RADIO ESCOLAR


Reunímonos aquí para facervos algunhas reflexións sobre o Día das Letras Galegas e principalmente, sobre o autor homenaxeado no 2010.
O día Das Letras Galegas é o 17 de maio, pero nós debemos de telas presentes todo o ano, así que estaremos máis veces durante o curso para irnos preparando para o Gran Día.
Este ano dédicase a UXÍO NOVONEYRA, EXCELENTE POETA.
Naceu no Courel, nunha montaña na provincia de Lugo. Comenzou a escribir cando estaba na universidade de Madrid. Empezou escribindo en castelán, decidiu, no ano 1952, que escribiría sempre en galego, así, converteuse nun dos poetas máis importantes da nosa lingua. Por fin instálase en Santiago de Compostela,onde leva a cabo unha gran actividade cultural a favor da nosa lingua. En Santiago morreu no ano 1999.

LIBROS NARRATIVOS PARA NENOS:
- ILDA, O LOBO, O CORZO E O XABARÍN
- O CUBIL DO XABARÍN
- GORGORÍN E CABEZÓN

9/3/10

MERGÚLLATE NOS LIBROS







ANIMACIÓN Á LECTURA
MERGÚLLATE

Datas:
8-26 de marzo. Lectura dos correspondentes libros
16 de marzo. Entrega fichas
26 de marzo. Recollida nas furnas



1º CICLO: O GRILO GASTÓN
2º CICLO: A FANTÁSTICA VIAXE DE SABELA
3º CICLO: O RESCATE DO PENEIREIRO

28/1/10

FOTOS FESTIVAL NADAL