18/06/25

RAMÓN CORRAL

Esta mañá tivemos a inmensa sorte de recibir a visita de Ramón Corral, neto de Antón Corral, representando o Obradoiro da súa familia. Tivo a xenerosidade de amosarnos cómo se constrúen as gaitas, requintas, pitos e zanfonas; de ensinarnos diferentes madeiras, a evolución dun toco de madeira a unha peza dun instrumento, a diferenza tímbrica entre os instrumentos.. Tamén tocou unha peza acompañado por algunhas das pandeireteiras que temos entre as alumnas. E o que máis nos gustou de todo: respondeu todas as nosas preguntas e deixounos probar varios destes instrumentos.