Con motivo da celebración do Día
Mundial da Radio, que é hoxe, xoves 13 de febreiro,
dende a Radio Municipal de Tui convidaron aos centros educativos do concello a formar parte desta
conmemoración tan especial. A radio é un medio de comunicación que nos
acompaña, nos informa e nos dá voz, e qué mellor xeito de celebralo que
implicando ás xeracións máis novas.
A proposta de actividade para que
o centro participase activamente foi convidar ao alumnado e ao
profesorado a gravar pequenos audios respondendo á pregunta "Que é para ti a radio?". Estes audios emitíronos ao longo da xornada especial que realizaron polo Día Mundial da Radio.
Aquí deixamos algúns dos nosos.