27/5/11

LOIS PEREIRO


Lois Ángel Sánchez Pereiro, máis coñecido por Lois
Pereiro, naceu en Monforte de Lemos (Lugo), o 16
de febreiro de 1958 e morreu na Coruña, en 1996.
Despois de facer os estudos elementais en Monforte
marchou, con dezasete anos, a Madrid a estudar
na súa universidade a carreira de Socioloxía, aínda
que, sen que rematase o primeiro trimestre, voltou
de novo a Monforte, onde traballou na cristalería
paterna colocando vidros polas obras.
Ao ano seguinte regresou a Madrid para estudar na
Escola Oficial de Idiomas, francés, inglés e alemán.
Durante este tempo participa na elaboración da revista
Loia, xunto co seu irmán Xosé Manuel, Manolo
Rivas, Antón Patiño e outros galegos afincados
na capital. Desta revista só se editaron catro números
e todos eles realizados con fotocopias.
No ano 1981, xa con graves problemas de saúde,
regresa definitivamente a Galicia, onde colabora
en varias antoloxías poéticas De amor e desamor
(1984 e 1985) e tamén na revista Luzes
de Galiza, onde publicará oito capítulos dunha
novela que deixará sen rematar: Náufragos do
paradiso.
Publicou varios libros de poemas: Poemas e
Poesía última de amor e enfermidade.
No seu libro póstumo Poemas para unha loia,
recóllense versos escritos durante a súa estadía
madrileña.