10/10/25

 Olaaa!

Iniciamos o curso cunha chea de actividades programadas para traballar a reo a prol da nosa lingua e a nosa cultura. Pouco a pouco iremos subíndoas ao noso blogue para que desfrutedes delas tanto coma nós o facemos con todo o alumnado do colexio.

Velaquí tedes a mesa do outono. Nela hai moito material que poderemos empregar nas nosas aulas para traballar esta estación.



20/06/25

O curso rematou

 Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega desexámosvos.. Moi bo verán!!! E que gocedes da vosa lingua!! 👋 🏝 🏄 👅🎵

19/06/25

GRADUACIÓNS

Chegou o día das graduacións dos e das que cambian de etapa. O grupo de 6º de EI celebran que despois do verán empezan a primaria "no cole grande", e as e os de 6º de EP que marchan para o instituto. Grandes cambios cheos de emocións encontradas: nervios, ilusións, nostalxia, soños.. 

Aquí vos deixamos algunha imaxe dos e das recén graduadas posando e actuando, que a música non pode faltar en ningunha celebración.


 

18/06/25

OBRAS DE TEATRO

 Esta mañá representamos as obras de teatro que estivemos preparando intensamente nas últimas semanas. Cada unha delas era un conto clásico revisitado para poñer en valor algún obxectivo de desenvolvemento sostible. Tratamos a contaminación acústica, a importancia do consumo responsable, o dano que nos fan os químicos.. aprendemos moitísimo e gozamos unha barbaridade!









RAMÓN CORRAL

Esta mañá tivemos a inmensa sorte de recibir a visita de Ramón Corral, neto de Antón Corral, representando o Obradoiro da súa familia. Tivo a xenerosidade de amosarnos cómo se constrúen as gaitas, requintas, pitos e zanfonas; de ensinarnos diferentes madeiras, a evolución dun toco de madeira a unha peza dun instrumento, a diferenza tímbrica entre os instrumentos.. Tamén tocou unha peza acompañado por algunhas das pandeireteiras que temos entre as alumnas. E o que máis nos gustou de todo: respondeu todas as nosas preguntas e deixounos probar varios destes instrumentos.


17/06/25

SUSA HERRERA

 Hoxe recibimos a visita de Susa Herrera. Somos moi afortunados/as de ter aprendido tantas cancións súas, todas as publicadas e moitísimas das sen publicar. Agradecémosllo moitas veces nos vídeos, pero foi moito mellor darlle as grazas cantando e bailando en directo algunhas das que máis nos gustan: o koala, o morcego, a cebra.. e darlle bicos e apertas. A ela fíxolle moita ilusión e nós pasámolo fenomenal.


 


08/06/25

ANIMALIA

 Enmarcada nas actividades do Congreso Educativo EDUCODS2025, a banda xuvenil de Tui preparou un espectáculo con dous actores/cantantes e pediu colaboración aos centros de primaria de Tui para formar un coro. Do noso cole apuntáronse nenas e nenos de todos os cursos. Ensaiamos as cancións no cole durante o mes de maio, nalgúns proxectos lectores. A representación foi o xoves 5 de xuño ás 18:30h na Praza de Abastos. A verdade é que saíu fenomenal.