28/05/25

MAIOS 2025

 Este ano, entre a meteoroloxía e tantas actividades que organizamos durante o mes de maio, quedounos a celebración dos Maios para a última semana. Agardamos por ela pero compensou, tivemos un precioso día solleiro para lucir a nosa roupa branca de primavera adornada con pampullos, e pasámolo moi ben.

Como viñamos facendo nos últimos anos, o grupo de 5º e 6º de EP cantou as coplas compostas en clase de Lingua Galega durante as últimas semanas, e o de 4º de EP bailou a Danza de Paus. Saíulles fenomenal!! 


16/05/25

LETRAS GALEGAS 2025

Levamos toda a semana de celebración, e hoxe foi o día grande, cun programa de radio escolar adicado ás cantareiras e á tradición oral e varias actuacións. Fixérono fenomenal todos os grupos:

Infantil interpretando unha cantiga popular sobre os oficios.


1º e 2º de EP cantando unha composición de Susa Herrera con coplas das cantareiras homenaxeadas, e por suposto coas nosas fantásticas pandeireiteiras acompañando.

3º e 4º de EP lucindo outra composición de Susa con diferentes coplas das cantareiras, acompañándose tamén dunhas fabulosas pandeireteiras.


E por último, 5º e 6º de EP cantando Estroupelear e levando o ritmo de panadeiras, ese tipo de canción de traballo de transmisión oral que tanto nos gusta.


 

15/05/25

REGALAZOS

Mirade qué cousiñas tan chulas nos regalou o Equipo de TICS! 

As pandeiretas son imáns para colocar no frigo ou na superficie metálica que queiramos, e as tarrañolas.. son para a aula de música, xa as probamos case todos os cursos, pero hai que tomalo con calma, que non soan o primeiro día.. hai que practicar!! 😅

Moitas grazas, profes!! Encántannos 💙💙




13/05/25

CANTAREIRAS NO NOSO COLE

Esta semana non paramos!! Hoxe recibimos a Nerea e Paula, cantareiras e pandeireteiras dende os 4 e 2 anos respectivamente na ACF Tarambainas de Vigo. Marabilláronnos as súas voces e engaioláronnos cantando cantigas de berce, de oficios.. tocando unha chea de artiluxios de cociña, ensinándonos a tocalos nós.. 

Non poden gustarnos máis!! Queremos que volvan!!



09/05/25

CHEGARON AS FABAS!!

Esta semana, o alumnado de 1º, 2º e 3º recollemos as fabas que sementamos hai uns meses. A nosa ledicia e admiración foi enorme ao contemplar os froitos, unhas vaíñas longuísimas! O seguinte paso que fixemos foi debullar, para sacar as fabas da vaíña. Despois repartímolas e levámolas para facer o xantar na casa. Calquera receita quedará riquísima con elas!