Etiquetas
- Cantareiras (2)
- Ciclo do Ano (8)
- Colaborando co Concello de Tui (3)
- Colaborando coa Radio Municipal de Tui (2)
- Comunidade educativa (15)
- Educación en valores (10)
- Entroido (2)
- Equipo TICS (1)
- Horta (2)
- Lectura (5)
- Letras Galegas (5)
- Magosto (1)
- Maios (2)
- Música (15)
- Nadal (5)
- ODS (6)
- Pandeireteiras (2)
- Paz (1)
- Rosalía de Castro (1)
- Samaín (3)
20/03/12
RASALÍA DE CASTRO: 4 AÑOS E. INFANTIL
E @S NEN@S DE EDUCACIÓN INFANTIL DE 4 ANOS DO CEIP DE GUILLAREI, CONMEMÓRANNO ILUSTRANDO UN LIBRO A PARTIR DA SÚA POESÍA "PARECE UNHA ROSA".
10/03/12
O NOSO ENTROIDO 2012
O entroido, antroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma.
O entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións.
Parte da filosofía que rodea as festas do entroido inclúe a idea de comer e beber ben e ata encherse, sendo outra das facetas da idea de exceso e provocación destas festas.
Parte da filosofía que rodea as festas do entroido inclúe a idea de comer e beber ben e ata encherse, sendo outra das facetas da idea de exceso e provocación destas festas.
Durante as festas tómanse grandes cantidades dos tradicionais chourizos, lacóns e cachuchas. As androllase o caldo non faltan tampouco na maioría dos fogares xa que fan falta para repoñer as forzas de toda a foliada destes días.
Tamén nestas datas elabóranse sobremesas especiais como son as orellas e as filloas, que son os platos máis típicos do entroido
Adeus martes de Entroido,
adeus, meu amiguiño,
ata Domingo de Pascua
non comerei máis touciño.
—Cantiga popular
.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)