06/06/12

RADIO ESCOLAR

RADIO ESCOLAR III – MAIO 2012 – SEMANA DAS LETRAS GALEGAS __ Bos días a todos. Un ano máis estamos convosco neste mes de maio, no que lle rendemos homenaxe a un escritor da nosa lingua. __ Efectivamente. O día grande das letras galegas terá lugar dentro de dous días, ou sexa este xoves, 17 de maio. __ Nesa data toda Galicia está de festa para honrar á nosa lingua e aos nosos escritores. __ Pero antes de falar do escritor agasallado este ano, fagamos un pouco de historia. ¿Preguntástesvos, algunha vez, por que facemos esta celebración? __ A orixe desta festa é moi importante. Xusto un 17 de maio, pero do ano 1863, ROSALÍA DE CASTRO, a nosa escritora máis sobranceira, publicou o libro de poemas CANTARES GALLEGOS. __ Este obra de Rosalía animou a outros autores a escribir en galego, para darlle máis brillo a nosa lingua. Por iso non podemos esquecela nestas datas. __ Como xa sabedes, este ano o escritor homenaxeado é Valentín Paz-Andrade, Intelectual Galeguista e comprometido total con Galicia e os seus problemas. Imos dar algúns datos da súa biografía e da súa obra. __ Valentín Paz-Andrade naceu en de Lérez (Pontevedra), en 1898. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago, foi xurista, político, economista, periodista e escritor. __ Participou na segunda Asamblea Nacionalista celebrada en 1919 en Santiago e fundou e dirixiu o xornal Galicia . Candidato ás Cortes Constituintes de 1931 xunto con Castelao e Cabanillas. Foi colaborador habitual de EL PUEBLO GALLEGO, FARO DE VIGO e LA NOCHE. Tras a guerra, fundou a revista Industrías pesqueras e impulsou o grupo industrial Pescanova. __ O 22 de novembro de 1932 foi víctima dun atentado, cando saia dun café na rúa de Fermín Galán, hoxe rúa do Príncipe en Vigo. No atentado recibiu cinco disparos que case acaban coa súa vida. __ Co estalido da Guerra Cívil Española axudou a fuxir a diversos intelectuais galeguistas e defendeu a outros das condeas que lles eran impostas. Posteriormente, foi desterrado a Verín o 9 de setembro; en abril autorizouselle a residir en Castro Caldelas e, días despois, na Pobra de Trives. Este tempo no desterro fixo xurdir nel a necesidade de escribir poesía, e ahí naceron moitos dos versos que logo formarían parte de SEMENTEIRA DO VENTO OU CEN CHAVES DE SOMBRA. __ Durante o seu desterro coñeceu en San Lourenzo de Trives a Pilar Rodríguez de Prada, coa que casou en Ourense o 8 decembro de 1939. O 4 de outubro de 1940 naceu o seu único fillo, Alfonso Paz-Andrade. __ Na revista literaria LA NOCHE publicou o 14 de xaneiro de 1950 un artigo en portada e a catro columnas sobre Castelao. Quen morrera unha semana antes, baixo o título “CASTELAO. EL HOMBRE Y EL ARTISTA”. - Entre 1955 e 1958 publiuca tres obras en Buenos Aires: PRANTO MATRIARCAL e os ensaios SISTEMA ECONÓMICO DE LA PESCA EN GALICIA e GALICIA COMO TAREA. - O 7 de xuño de 1964 foi nomeado membro numerario da Real Academia Galega. - Como poeta formou parte da Xeración de 1925. -Co retorno da democracia volveu o mundo da política. - En 1797 publicou CEN CHAVES DE SOMBRA. - En 1982 publicou CASTELAO NA LUZ E NA SOMBRA. - En 1985 publicou GALIZA LAVRA A SUA IMAGEN. - O martes de 19 de maio de 1987 faleceu na clínica Fátima de Vigo, a consecuencia dunha doenza cardiovascular. Foi enterrado no cemiterio de Lérez envolto nunha bandeira galega, como el deixara establecido. __ Agora, para rematar, imos dar os nomes dos gañadores e gañadoras do Concurso “Mergúllate nos libros”. __ Moitas gracias pola vosa atención e escoitade ben os nomes dos gañadores.

MES DAS LETRAS GALEGAS

NESTE MES FIXEMOS MOITAS ACTIVIDADES RELACIONADAS COA CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS. -COMENZAMOS FACENDO UN MONOGRÁFICO SOBRE O AUTOR HOMENAXEADO ESTE ANO: VALENTÍN PAZ ANDRADE. - UN TALLER CON INFORMACION DO AUTOR E DIFERENTES TIPOS DE FICHAS PARA TRABALLAR OS NENOS. -UN XOGO DE BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN SABRE A SÚA BIOGRAFIA. -UN PROGRAMA DE RADIO ESCOLAR SOBRE PAZ ANDRADE. -DEBUXOS REPRESENTATIVOS DO AUTOR. -SIMULAMOS UN MAR (POLA SÚA RELACIÓN CON ÉL) CON PEIXIÑOS, NA ENTRADA DO CENTRO, DE FORMA DECORATIVA E CON CORES MOI ALEGRES. -FIXEMOS PAPIROFLEXIA, FACENDO BARCOS DE PAPEL CUN LEMA EN GALEGO OU UNHA FRASE SOBRE O ESCRITOR. - RECUPERAMOS XOGOS POPULARES. -E DANZAS TRADICIONAIS GALEGAS. -EN COLABORACIÓN CO EQUIPO DA BIBLIOTECA, EXPUSIMOS LIBROS FEITOS POLOS NENOS EN CLASE E OUTROS QUE FIXERON EN COLABORACIÓN COA FAMILIA. -E NON NOS OLVIDEMOS DA FANTÁSTICA OBRA DE TEATRO EN GALEGO, QUE REPRESENTAROU O ALUMNADO DE 2º DIRIXIDOS POLA SÚA TITORA. IMOS VER ALGUNHAS DAS FOTOS RELACIONADAS COS ESTAS ACTIVIDADES

06/05/12

RECORDOS

QUE BEN O PASAMOS!

CELEBRANDO OS MAIOS

O NOSO CENTRO CELEBROU A CHEGADA DA PRIMAVERA CON ALEGRÍA, CANTOS, BAILES E COPLAS COMO PODEMOS VER NESTAS FOTOS CHEAS DE COLORIDO E SORRISOS D@S NEN@S. UN MAIO!!! DICÍAN -QUE BONITO....E TAMÉN NOS DAMOS CONTA DO SEU BO ÁNIMO E O BEN CO PASARON MENTRAS ELABORABAN O MAIO E OS ADORNOS FLORAIS QUE LEVABAN POSTOS.A MESTRA DE MÚSICA AGASALLOUNOS,COMO OUTRAS TANTAS VECES, COA MÚSICA DA ZANFONA MENTRAS @S NEN@S DANZABAN E CANTABAN.
MIRADE A CARA DE SATISFACIÓN D@S ALUMN@S DE PRIMEIRO CICLO.
A NOSA MESTRA QUE BEN PREPARADA E POSTA NO SEU PAPEL DE AMENIZAR A FESTA.
E @S ALUMN@S DO COLEXIO DANZABAN E DANZABAN.
E AGORA UNHAS PEQUENAS REFERENCIAS SOBRE ESTA CLEBRACIÓN: "Os maios" é unha celebración que se fai nalgunhas zonas de Galicia, sobre todo no sur; no norte son de destacar os que se celebran en Pontedeume e Viveiro. Festéxase a despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos; a data de celebración vai desde abril ata mediados de maio. Os maios máis tradicionais e característicos tiñan forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas, cascas de ovos, etc... Era transportado por un neno que ía no seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían os demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do "maio". Hoxe en día, ademais da forma tradicional, intentan imitar casas, castelos, cruceiros, murallas, etc... Escoiten nosos señores o que lles imos cantar: as copras que tran "Os maios" floridos hastra namáis Estén todos moi atentos que imos escomenzar, deprendan o que cantamos axúdennos ó acabar. Cantar, cantarlle ó "maio" florido. Cantar, cantarlle unha vez máis. Cantar, cantarlle ó "maio" garrido. Cantar, cantarlle así sen parar

20/03/12

MURAL: EU ESTIVEN ALÍ







A NOSA HORTA E O NOSO XARDÍN









































































RASALÍA DE CASTRO: 4 AÑOS E. INFANTIL

























































E @S NEN@S DE EDUCACIÓN INFANTIL DE 4 ANOS DO CEIP DE GUILLAREI, CONMEMÓRANNO ILUSTRANDO UN LIBRO A PARTIR DA SÚA POESÍA "PARECE UNHA ROSA".















O 24 DE FEBREIRO DESTE ANO CONMEMÓROUSE OS 175 ANOS DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO.

















10/03/12

O NOSO ENTROIDO 2012













O entroido, antroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma.

O entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións.


Parte da filosofía que rodea as festas do entroido inclúe a idea de comer e beber ben e ata encherse, sendo outra das facetas da idea de exceso e provocación destas festas.

Parte da filosofía que rodea as festas do entroido inclúe a idea de comer e beber ben e ata encherse, sendo outra das facetas da idea de exceso e provocación destas festas.
Durante as festas tómanse grandes cantidades dos tradicionais chourizos, lacóns e cachuchas. As androllase o caldo non faltan tampouco na maioría dos fogares xa que fan falta para repoñer as forzas de toda a foliada destes días.
Tamén nestas datas elabóranse sobremesas especiais como son as orellas e as filloas, que son os platos máis típicos do entroido

Adeus martes de Entroido,
adeus, meu amiguiño,
ata Domingo de Pascua
non comerei máis touciño.
—Cantiga popular

.