Amosando publicacións coa etiqueta ODS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ODS. Amosar todas as publicacións

18/06/25

OBRAS DE TEATRO

 Esta mañá representamos as obras de teatro que estivemos preparando intensamente nas últimas semanas. Cada unha delas era un conto clásico revisitado para poñer en valor algún obxectivo de desenvolvemento sostible. Tratamos a contaminación acústica, a importancia do consumo responsable, o dano que nos fan os químicos.. aprendemos moitísimo e gozamos unha barbaridade!









04/06/25

CONGRESO EDUCODS2025

 Onte participamos no V Congreso EducODS2025  organizado polo CEIP Nº1 de Tui en colaboración co Concello. Puxemos un posto na corredeira onde ensinabamos o que aprendemos do oficio de cestería. Suso viu con nós e estivo axudándonos todo o tempo.

Tamén expuxemos os traballos que fixemos para a clase de ciencias, nos que empregamos a electricidade para crear cidades e comunidades sostibles, e cos que traballamos a competencia STEM e a competencia emprendedora.



01/06/25

OBRADOIRO DE CESTERÍA

 A mañá do venres 30 de maio o grupo de 5º e 6º de EP dedicoulla a aprender a construír cestas e cestos, a coñecer os materiais cos que se elaboran e cómo domealos para obter fantásticos resultados. Ensináronnos Suso e Elena, avós dun dos alumnos do centro, con moitísima paciencia e dedicación. Encantounos e sóubonos a pouco, porque quédanos tanto por saber..


16/03/25

CIDADES E COMUNIDADES SOSTIBLES

 "Cidades e comunidades sostibles" é o título do proxecto de centro que escollemos para este curso escolar. É un proxecto transversal e interdisciplinar que queriamos que estivese relacionado cos ODS (Obxectivos de desenvolvemento sostible). Participamos en moitas actividades arredor do proxecto, unha delas foi facer a dobraxe en lingua galega deste vídeo por parte dos cursos de 3º e 4º de EP.




 
 


08/03/25

SEMANA DA PRENSA

 Empezamos marzo coa semana da prensa, este ano con noticias relacionadas co noso proxecto de "Cidades e comunidades sostibles".

Participou o alumnado de todos os niveis de EI e EP. Aquí vos deixamos algúns dos resultados expostos polos corredores do centro.


28/02/25

ENTROIDO

 Levamos toda a semana de troula, e hoxe non paramos. Entre os obradoiros de pintar as caras, o de facer filloas, os de baile, pulseiras, máscaras.. e o desfile.. quedounos un Entroido sostible ben xeitoso.