Etiquetas

Amosando publicacións coa etiqueta Colaborando co Concello de Tui. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Colaborando co Concello de Tui. Amosar todas as publicacións

04/06/25

CONGRESO EDUCODS2025

 Onte participamos no V Congreso EducODS2025  organizado polo CEIP Nº1 de Tui en colaboración co Concello. Puxemos un posto na corredeira onde ensinabamos o que aprendemos do oficio de cestería. Suso viu con nós e estivo axudándonos todo o tempo.

Tamén expuxemos os traballos que fixemos para a clase de ciencias, nos que empregamos a electricidade para crear cidades e comunidades sostibles, e cos que traballamos a competencia STEM e a competencia emprendedora.



16/12/24

CONCERTO ÁREA PANORÁMICA

Esta mañá o alumnado de 4º de Educación Primaria e o de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil participamos nun concerto con outros cinco centros educativos do noso Concello na Área Panorámica de Tui. Interpretamos as panxoliñas que aprendemos para o festival e dedicámosllas a un público repleto de compañeiros/as, mestres/as e familiares. Nunca estiveramos nun escenario tan grande, impoñía un pouco, pero igualmente fixémolo de marabilla. Aquí vai unha pequena mostra.





12/12/24

RADIO MUNICIPAL DE TUI

Tamén hoxe, ás 12h, dúas das nosas alumnas de 4º curso, Adriana e Daniela, foron á Radio Municipal de Tui a falar da actuación na que van participar o próximo luns 16 de decembro na Área Panorámica. Estaban algo nerviosas por iso de saír na radio en directo, mais fixérono fenomenal e encantoulles a experiencia.