Amosando publicacións coa etiqueta Maios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Maios. Amosar todas as publicacións

28/05/25

MAIOS 2025

 Este ano, entre a meteoroloxía e tantas actividades que organizamos durante o mes de maio, quedounos a celebración dos Maios para a última semana. Agardamos por ela pero compensou, tivemos un precioso día solleiro para lucir a nosa roupa branca de primavera adornada con pampullos, e pasámolo moi ben.

Como viñamos facendo nos últimos anos, o grupo de 5º e 6º de EP cantou as coplas compostas en clase de Lingua Galega durante as últimas semanas, e o de 4º de EP bailou a Danza de Paus. Saíulles fenomenal!! 


06/05/12

CELEBRANDO OS MAIOS

O NOSO CENTRO CELEBROU A CHEGADA DA PRIMAVERA CON ALEGRÍA, CANTOS, BAILES E COPLAS COMO PODEMOS VER NESTAS FOTOS CHEAS DE COLORIDO E SORRISOS D@S NEN@S. UN MAIO!!! DICÍAN -QUE BONITO....E TAMÉN NOS DAMOS CONTA DO SEU BO ÁNIMO E O BEN CO PASARON MENTRAS ELABORABAN O MAIO E OS ADORNOS FLORAIS QUE LEVABAN POSTOS.A MESTRA DE MÚSICA AGASALLOUNOS,COMO OUTRAS TANTAS VECES, COA MÚSICA DA ZANFONA MENTRAS @S NEN@S DANZABAN E CANTABAN.
MIRADE A CARA DE SATISFACIÓN D@S ALUMN@S DE PRIMEIRO CICLO.
A NOSA MESTRA QUE BEN PREPARADA E POSTA NO SEU PAPEL DE AMENIZAR A FESTA.
E @S ALUMN@S DO COLEXIO DANZABAN E DANZABAN.
E AGORA UNHAS PEQUENAS REFERENCIAS SOBRE ESTA CLEBRACIÓN: "Os maios" é unha celebración que se fai nalgunhas zonas de Galicia, sobre todo no sur; no norte son de destacar os que se celebran en Pontedeume e Viveiro. Festéxase a despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos; a data de celebración vai desde abril ata mediados de maio. Os maios máis tradicionais e característicos tiñan forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas, cascas de ovos, etc... Era transportado por un neno que ía no seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían os demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do "maio". Hoxe en día, ademais da forma tradicional, intentan imitar casas, castelos, cruceiros, murallas, etc... Escoiten nosos señores o que lles imos cantar: as copras que tran "Os maios" floridos hastra namáis Estén todos moi atentos que imos escomenzar, deprendan o que cantamos axúdennos ó acabar. Cantar, cantarlle ó "maio" florido. Cantar, cantarlle unha vez máis. Cantar, cantarlle ó "maio" garrido. Cantar, cantarlle así sen parar