17/06/26

 PREMIOS "NÓS TAMÉN CREAMOS"

O colexio participou no certame "Nós tamén creamos" onde cada clase de EP presentou unha curta coa modalidade de "Stop motion".  O profe Víctor fixo un enorme traballo para que que todo o alumnado participase na gravación e montaxe de cada obra traballada. Finalmente o curso de 1º de Ep levou un segundo premio a nivel de Galiza e foron recollelo a Santiago. Parabéns!!!!





10/06/26

 EDUC-VISION TUI

Durante un tempo un grupiño de nenas do colexio preferiron aprender a bailar e cantar durante os recreos pezas que forman parte do noso repertorio cultural galego. O colofón tivo lugar no educ-vision de Tui celebrado en xuño. O éxito foi total. Noraboa ás nosas artistas!!










23/02/26

 O DÍA DE ROSALIA, 23 de febreiro.

Non pode faltar durante o curso a  homenaxe a unha das nosas escritoras máis importantes. Cada clase fixo un traballo referente a ela e con eles elaboramos un mural enorme que quedou na entrada do colexio para que todos os que nos visitaran desfrutaran del. A ver se vos gusta.


Tamén se elaborou o caldo de Gloria que tivo moito éxito, sobre todo nos máis cativos que tomaron máis dunha cunca. Os nosos cociñeiros, Pedro e Víctor, non daban crédito!!



















03/11/25

                                         SAMAÍN

Á parte de exposición de traballos realizados polo noso alumnado tivo lugar unha sesión de cine no colexio. Cada aula foi unha sala e  coa súa película terrorífica que cada neno e nena escollía debendo "mercar" a entrada pertinente. Acompañáronse dos típicos flocos de millo e desfrutaron moito!!












27/10/25

MURAL DO OUTONO

Todas as clases participaron neste magnífico mural sobre o outono onde se traballou dende o seu campo semántico ata poemas, refráns e ditos relacionados con esta esta estación. Quedou moi chulo!!












15/10/25

                                                             TEATRO

O 14 de outubro asistimos a unha representación teatral de monicreques sobre a non violencia. Gustou moito, pois é un tema de suma importancia para concienciar ao noso alumnado hacia a liberdade e respecto polos demais.









10/10/25

 Olaaa!

Iniciamos o curso cunha chea de actividades programadas para traballar a reo a prol da nosa lingua e a nosa cultura. Pouco a pouco iremos subíndoas ao noso blogue para que desfrutedes delas tanto coma nós o facemos con todo o alumnado do colexio.

Velaquí tedes a mesa do outono. Nela hai moito material que poderemos empregar nas nosas aulas para traballar esta estación.



20/06/25

O curso rematou

 Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega desexámosvos.. Moi bo verán!!! E que gocedes da vosa lingua!! 👋 🏝 🏄 👅🎵

19/06/25

GRADUACIÓNS

Chegou o día das graduacións dos e das que cambian de etapa. O grupo de 6º de EI celebran que despois do verán empezan a primaria "no cole grande", e as e os de 6º de EP que marchan para o instituto. Grandes cambios cheos de emocións encontradas: nervios, ilusións, nostalxia, soños.. 

Aquí vos deixamos algunha imaxe dos e das recén graduadas posando e actuando, que a música non pode faltar en ningunha celebración.


 

18/06/25

OBRAS DE TEATRO

 Esta mañá representamos as obras de teatro que estivemos preparando intensamente nas últimas semanas. Cada unha delas era un conto clásico revisitado para poñer en valor algún obxectivo de desenvolvemento sostible. Tratamos a contaminación acústica, a importancia do consumo responsable, o dano que nos fan os químicos.. aprendemos moitísimo e gozamos unha barbaridade!









RAMÓN CORRAL

Esta mañá tivemos a inmensa sorte de recibir a visita de Ramón Corral, neto de Antón Corral, representando o Obradoiro da súa familia. Tivo a xenerosidade de amosarnos cómo se constrúen as gaitas, requintas, pitos e zanfonas; de ensinarnos diferentes madeiras, a evolución dun toco de madeira a unha peza dun instrumento, a diferenza tímbrica entre os instrumentos.. Tamén tocou unha peza acompañado por algunhas das pandeireteiras que temos entre as alumnas. E o que máis nos gustou de todo: respondeu todas as nosas preguntas e deixounos probar varios destes instrumentos.